Sesión sobre Prescripción Prudente en el Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

El pasado día 19 de abril tuvo lugar en el Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol una sesión docente sobre la Prescripción Prudente que reunió a medio centenar de médicos. A continuación, reproducimos el contenido de la nota de prensa del Gabinete de Prensa del Departamento de Salud de Ferrol, que cuenta cómo se desarrolló dicha sesión. Podéis leer la traducción al castellano aquí.

PROFESIONAIS MÉDICOS DA ÁREA SANITARIA DE FERROL “REFLEXIONAN” SOBRE A PRESCRIPCIÓN PRUDENTE DE MEDICAMENTOS CENTRADA NA MELLORA DA SEGURIDADE DO PACIENTE

  • A sesión docente que reunía esta mañá a medio centenar de especialistas e Médicos Internos Residentes (MIR) centrábase nunha experiencia educativa novedosa, o blog https://prescripcionprudente.wordpress.com/
  • Este blog está elaborado por un total de 26 profesionais de toda España, un deles da Área Sanitaria de Ferrol, e comezaba a realizarse en setembro do pasado ano 
  • Partindo da base dun artigo médico especializado, difunde unha recompilación de principios para poder realizar unha prescrición máis informada, reflexiva e centrada no paciente, sobre a que traballaron entre todos

 Ferrol (ASF), xoves 19 de abril de 2012.- Medio centenar de Médicos Internos Residentes (MIR) e outros profesionais facultativos de distintas especialidades, na súa maioría de Medicina Familiar e Comunitaria, reuníanse esta mañá nunha sesión docente, no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide, para “reflexionar” sobre a prescrición prudente de medicamentos coa fin última de mellorar a seguridade dos pacientes. Esta sesión está organizada pola Comisión de Docencia hospitalaria en colaboración coa de Medicina Familiar e Comunitaria, que coordinan a formación dos médicos residentes nesta Área Sanitaria.

Un dos responsables de Docencia, Juan Antonio Garrido Sanjuán, durante a presentación desta sesión, sinalou a importancia de “reflexionar sobre o que facemos para mellorar a actividade asistencial diaria como especialistas”. A sesión tiña como eixo o blog https://prescripcionprudente.wordpress.com/. Este espazo en Internet difunde unha recompilación de 24 principios para poder realizar unha prescrición -establecemento de receita, medicamentos, dietas, ou consellos médicos- máis informada, reflexiva e centrada no paciente.

Reflexión como metodoloxía formativa

Estes principios son coñecidos polos profesionais, pero a novidade é que se debate en torno a eles, e se realiza en base a casos básicos e experiencias propias para facer unha reflexión sobre o acto médico diario. Este blog está elaborado por un total de 26 profesionais de toda España e de diversas especialidades, un deles da Área Sanitaria de Ferrol, que comezaba a realizarse en setembro do pasado ano como traballo de colaboración, e partindo da base dun artigo médico especializado americano sobre prescrición. Con este blog, ponse material de formación a disposición de todos; e difúndense os principios, de xeito narrativo, xa que non é unha tradución literal de artigos científicos; e con beneficio para o paciente e o sistema.

Os autores estableceron estes principios que deberían caracterizar unha prescrición de medicamentos de calidade e segura, que evite futuros problemas ós pacientes. Realizaron unha análise e propostas, con reflexións críticas sobre as propias habilidades e hábitos, e propugnando propostas de cambio para imprimir maior calidade ó proceso de prescribir.

Neste aspecto é onde está a novidade “son cousas que os profesionais xa coñecemos, pero é unha forma nova de reflexionar sobre elas, e pararse a ver se o que facemos no día a día é o más correcto e o mellor; un xeito máis de formar ós futuros profesionais que serán os que prescriban, empregando a metodoloxía de reflexionar sobre o que facemos para melloralo; facendo uso das novas tecnoloxías, e aproveitando a rápida e ampla difusión que estas permiten. Os principios baseados na evidencia plantéxanse en forma narrativa”, indica Juan Antonio Garrido.

Seguridade do paciente

Estes 24 principios divídense en seis grandes bloques de indicacións para o profesional: pensa máis alá dos medicamentos, nos que se inclúen cuestións como non prescribir á primeira síntoma, senón analizar e facer más preguntas ó respecto, ou coñecer ben os fármacos que se prescriben e empregar medidas non farmacolóxicas. O segundo dos bloques é practica unha prescrición máis estratéxica, evitando o cambio de medicamentos ou comezando coa receita dun só fármaco inicialmente.

O terceiro dos bloques refírese a manterse alerta fronte ás posibles reaccións adversas, controlando se os novos síntomas do paciente poden ter que ver cos fármacos que consume, e facendo énfase en manter moi ben informado ó paciente. No cuarto dos bloques, aproxímate ós novos medicamentos e indicacións con prudencia, inclúese, entre outras cousas, a responsabilidade do profesional para empregar fontes fiables e independentes para informarse sobre elas, e o consello de non ter presa por receitalos sen ter ampla garantía.

No quinto dos bloques se traballa cos pacientes para establecer obxectivos comúns, tendo en conta cuestións coo explicarlle ben porque se lle dá un medicamento e non outro, comprobar tódalas novas prescricións e tentar respectas e responder ás dúbidas dos pacientes. Por último, no sexto bloque, valora os efectos do tratamento de forma ampla e a longo prazo, indícase a necesidade de pensar máis a longo prazo e vendo ó paciente como un total que no posible beneficio a curto prazo.

Un dos aspectos, como exemplo, e que foi traballado pro profesionais desta Área, é o de previr o incumprimento (que o paciente non siga o tratamento ou o faga mal) como causa de fracaso terapéutico. Fronte a este principio dan como solución ofrecer máis e mellor información ó paciente: informar sobre fármacos que tardan en comezar a facer efecto, para que o paciente non crea que non lle está a solucionar o seu problema; ou informar ben dos efectos secundarios, sobre todo os iniciais e transitorios.

En relación con estes aspectos, os profesionais que presentaron o blog esta mañá ós seus compañeiros, indicaron que en Galicia hai moitos pacientes que consumen moitos fármacos e no que o nivel de prescrición é alto, pero que se conta cunha ferramenta, a Historia Clínica Electrónica, que permite aglutinar, para a súa revisión, moita información sobre o paciente. Destacaron tamén, que este blog non se caracteriza por uns contidos innovadores en si mesmos, pero que si é unha ferramenta e unha fórmula novidosa de reflexión sobre a responsabilidade que ten o profesional á hora de prescribir un medicamento.

SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA ÁREA SANITARIA DE FERROL

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Sesión sobre Prescripción Prudente en el Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

  1. Montserrat Muñoz Melendez enfermera docente de AP en CS el Coto Gijón dijo:

    Me ha gustado mucho vuestro articulo y la sesion , lo pasare a los MIR y a las EIR de mi centro , las cosas van por ahi porque la prescripcion No solo son farmacos,tambien lo son otras medidas terapeuticas ligadas al estilo de vida ó consumos , dependencias . Estoy en ello

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s